9.5.12

Ostrás, xa facía tanto que non viña por aquí que mudou o blogger e nin entereime.

andábame estes días na cabeza esta fermosa poesía de Borges e apetéceme moito poñela aquí. Creo que xa a colguei, fai anos, pero iso non importa. A escrita, sobre todo cando fala de todos


El porvenir es tan irrevocable
Como el rígido ayer. No hay una cosa
Que no sea una letra silenciosa
De la eterna escritura indescifrable
Cuyo libro es el tiempo. Quien se aleja
De su casa ya ha vuelto. Nuestra vida
Es la senda futura y recorrida.
El rigor ha tejido la madeja.
No te arredres. La ergástula es oscura,
La firme trama es de incesante hierro,
Pero en algún recodo de tu encierro
Puede haber una luz, una hendidura.
El camino es fatal como la flecha.
Pero en las grietas está Dios, que acecha.

21.3.12

Seguindo co post de J Popper e a contestación de Isra falando de Adele. fíxome matinar, porqué as mulleres non me "poñen" tanto coma os homes?, hahahahaha, falo no eido musical. Sarah Vaughan, Ella Fitzgerald, Janis Joplin, Mercedes Peón, Guadi Gallego,etc, poden chegarme moi fondo, emocionarme tanto coma eles, pero dende outro sitio. Non o sei explicar moi ben sen recorrer aos tópicos do feminino e o masculino.


Elas, anque poden ser moi guerreiras tamén son máis maternais, abrigan, acaríñante e dan mimiños. Eles deixante espido no medio da fraga, explícanche que non vai ser doado, que vas tropezar, que vai ser duro as veces, pero abren unha porta ao lonxe, cando as tribulacións se enguedellan aparecen catro acordes de esperanza. Vai doer, seguro, pero se es forte cada día terás máis armas para sobrevivir, chega o estribillo,... e ser feliz. Iso é o que me contan Van the man, Bob Marley, J Popper... sen ter nin papa do que din pq non entendo o inglés, é o que me transmiten.




Escoitar a India Arie, unha xefaza do soul actual, é un pracer sublime, pero vai a outro sitio, non sei, supoño que , por moi modernos que sexamos e por moi mersturados que estean os roles, elas seguen a representar o lume do fogar, e eles ao guerreiro. Blues Traveler "round around" en directo

19.3.12

Onte estaban os do BNG na feira de Peisaco. Había moitos coñecidos, entre eles Jorquera e Aymerich. Eu creo que non sabían moi ben que facer, si, campaña política, pero como conectas coa xente?. Vin que Jorquera puxo o paraugas colgando do cuello da chaqueta, como eses debuxos dos galegos antigos. Non sei se foi por facer a broma ou se continuou con el posto porque eu seguín ao meu; comprar ovos e patacas, porros e allos, greliños tamén. Antes de distraerme nas compras sei que pensei; se ise é o xeito que teñen de se achegar á xente é que non saben moi ben a que andan. Poñer o paraugas nas costas? eu xa fai moitos anos que non vexo ninguén que o leve así. Seguro que foi unha broma sen máis importancia, pero di moito da dificultade que teñen os dirixentes do BNG para empatar coa xente, da ollada que teñen, ancorada no pasado, allea ao devir da maioría d@s galeg@s aos que cren representar. Sinto que sexa así, porque creo que Galicia necesitaría un nacionalismo que a soubera defender dende unha ollada máis achegada á realidade e tamén a nosa historia, aínda por coñecer para a maioría dos galegos, e eles abofé que non fan, nin unha cousa nin outra.

17.3.12



Este canto do Bardo entre bardos, Talliesin, traducíuno Chelís do gaélico ao galego.

Tiven moitas formas
antes de adoptar esta agradable.
Fun unha espada, de forma estreita,
penso, porque é a parente, que fun uhna bagoa no ceo.
Fun unha titilante estrela,
fun unha palabra nunha carta,
fun nas miñas orixes un libro,
fun un raio de luz relucinte.
Un ano e medio,
fun un atallo, fun unha águia,
fun unha canoa de bimbio e coiro,
fun dunha vara a direción,
fun unha cheminea nun recinto aberto,
fun unha corda nunha arpa.
Forma cambiante nove anos,
en auga , en escuma.
Fun consumido polo lume,
fun paixón nunha espesura.

Xose Luis Martinez Allegue, Chelís, sempre na memoria.

15.3.12



John Popper é o cantante dos Blues Traveler, unha banda americana que eu coñecín a finais dos 90. Fan unha mestura de blues,folk,rock sureño... anque o que máis os define é a mestría e peculiaridade que lle pon J Popper, non só por esa voz que lle sae do estómago, que leva un anaco da súa alma en cada nota, tamén por un xeito de toca-la harmónica moi persoal.

Este tema, "hook", é do disco que os lanzou á fama, "Four", alá por 1994.
Como se pode ver neste video non lle debeu gustar moito á casa discográfica a obesidade deste excepcional artista.

Nestoutro podémolo ver nun directo tocando co fillo do mítico Marley, Ziggy, ese himno universal que é o "No woman no cry". Ollade a cara que pon Zyggy cando John empézao a dar todo, con esa voz que conmove.




Moito John Popper, ponme os cabelos coma escarpias. Se estou só e lle dou volume entro nunha vibración moi perto do estado alterado de conciencia, vaia, igual ca un enteóxeno potente. Elévame, achégame, coma se fose eu quen cantara, quen pregara a Deus.

Outro vanmorrison da vida :)

13.3.12

Ainda non estou recuperado desta finde. Celebramos o cumpreanos de Isaura e... comezamos o sábado nunha cea en casa e rematamos no Portiño ás doce da maña. E o que ten tomar M e estar en boa compañía, non queres que acabe :), pero cada vez dame menos o corpo :( hahahahaha





A cousa é que non me enterei ata onte do resultado das asembleas do PSdG e +Galiza, e, a verdade, tampouco é para poñerse a dar chimpos. Os deputados e alcaldes ficaron no BNG, con Aymerich á fronte. Non sei a que xogan, nin axudaron ao bloque nin axudan aos escindidos, ?. Doutra banda segue Pachi de xefe nos sociatas galegos, agora lexitimado nun congreso pero non tanto como para que non lle queiran mover a silla á primeira que poidan. Espinosa e os seus queren unhas primarias. Bufff, o Feijoo da palmas coas orellas de felicidade.
Senón fose pola presumible plataforma entre irmandiños e +galiza o panorama sería desolador, cun socialismo e un nacionalismo máis divididos ca nunca, e a catro días das eleccións.
Agardemos a ver que sae dese encontro que, máis cedo que tarde, tense que dar. Están obrigados a entenderse, deus queira que sexan quen de crear un proxecto iluisionante.

10.3.12



Blanco salva a negro. Kony 2012: matices sobre su visión simplista

Recomendable lectura deste magnífico blog que El País edita, alomenos na súa edición dixital. Jose Miguel Calatayud, o autor, fálanos do maniqueismo con que está a tratar Invisible Children, os promotores da iniciativa, o tema de Kony, o malo maloso mundial do momento.
Abofé que non serei eu quen defenda semellante desalmado, tampouco o fai o autor, pero iso non impide ver o grao de "manipulación viral" que se pode acadar grazas á rede.
Vale que o Kony ese ten que ser un fillo de mil pais, pero a campaña mundial da, ONG? cheira moito.