Chego á Coruña máis tarde do que adoito, toda a zona de aparcamento é de ORA, hai que pagar. Vale que cando deseñaron as zonas delimitadas pensaron máis na empresa esplotadora que nos usuarios, tanta estreitez, pero iso non da dereito a deixar o coche fodendo dous sitios. Non é polos da ORA, que lles dean, senón polo que ven detrás de ti que quere aparcar e non atopa un sitio en centos de metros á redonda, e o listo (lista moitas veces) de turno, ocupando dous sitios por aparcar mal. O mesmiño que cando vas pola autoestrada e o que vai polo carril da dereita máis lento ca ti en lugar de achegarse o máis posible á dereita para facilitar o adiantamento, como mandan as normas de circulación, vai pisando a mediana entorpecendo e dificultando moito a situación. Fano porque non saben máis ou é que amais dos celtas nobres dos que fala Ramón chao na entrada anterior tamén hai moito cromañón neste país, moita xente que só pensa no seu e que só comparten mezquindade e ventaxismo do xeito máis cutre.
Case podería dicir que é unha filosofía de vida para moita xente, xa non se trata de apañar o teu, a perfección existe cando te beneficias ti e fastidias aos demais
E non son media ducia que hai unha chea deles, e delas.
28.12.10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)