27.9.11







Este domingo fomos dar unha voltiña cuns amigos, eles en coche, nós en moto, ata Camariñas. Fixo un día precioso, pero non tanto como esa zona da Costa da Morte, que pasada!. Colles a estrada ata Cabo Vilán, ese gran descoñecido, e flipas coa paisaxe.
Logo de subir ata o faro, incribles vistas, a pesar dos eólicos, a pesar da piscifactoría, collemos a pista de terra que percorre a costa ata o cimiterio dos ingleses, precioso todo aquelo, paga a pena realmente ir ata alí, de feito teño pendente facelo un día de temporal, ten que ser impresionante!.
Á ida paramos en Ponteceso e á volta no Castro de Borneiro antes de pasar polo Dolme de Dombate.
Mola, deixárono máis ca digno, tanto o edificio da recepción coma o que cobre o propio dolme. Quedou aquelo moi ben. Amais hai un monitor que en dez minutos explica o que saben, ou supoñen,sobre esas pedras que levan chantadas aí máis de 5000 anos polos galegos do paleolítico.



Precioso día, encantadora compañía... salvo pq puxemos a moto chea de po, meteuse ata dentro das alforxas, ha ha ha ha, o resto estivo moi ben. Iso si, non me volvo meter por unha pista de terra coa Vulcan anque me leve ao mesmo paraíso ha ha ha. Vaia, a comida tampouco foi para tirar foguetes, paramos as tres e media nunha parrillada en Xaviña, onde comimos callos e churrasco , Isra Sargo ao forno, pero non nos convenceu , prefería pagar máis e que estivera mellor, anque foi certamente barato, con postres e cafés 40 euros.

Despois do subidón da internet veu o baixón, dá 4 megas pola maña ou á tarde, pero chega a noite e aquelo semella de cando internet era via telefónica, datos ainda os carga pero imaxes e son tes que esperar dez minutos para que che cargue un video de youtube, que putada. A autovía converteuse de novo en camiño de carros, o príncipe mudou en sapo :(

2 comentarios:

Isra dijo...

A verdade e que si, esa zona de Camariñas e preciosa, moloume a duna esa mais alta do noroeste de 150 metros de altura.

XanelaGaliza.com dijo...

Poño a foto na entrada. Mira que teño ido veces alí e nunca reparei na duna. :)