24.9.11

Pecha, tamén, a cabeceira de A Nosa Terra en internet. Fai apenas dúas semanas caeu Xornal galicia.com, fai uns meses Galicia Hoxe, antes ca eles Vieiros, e así podemos facer unha viaxe ao longo destes dous anos e medio de goberno do PP onde pecharon case tódalas publicacións, impresas ou dixitais, de xornais no noso idioma, en galego.
A idea que teñen os do pp sobre o periodismo e a información queda clara co que tentaron facer en RTVE. Non se conforman con subvencionar os medios afíns e baleirar os alleos, queren controlar o que sae na televisión pública, como se non lles chegara con poñer a tipos como Urdaci de director de informativos.
Por certo, nunca a TV pública acadou tales graos de ecuanimidade e calidade coma no goberno de ZP Xa dixen que algún día se lle recoñecerá o mérito das moitas cousas que mudou para ben de España, tamén de Galicia.
Mágoa que non tivera collóns a enfrontar a legalización da marihuana como fixo con outros dereitos básicos,dos traballadores, das mulleres, dos homosexuais...
Meu recoñecemento e aprezo para un tipo que seguíu poñendo boa cara, e mellor talante, a toda a que lle caeu enriba sen ser el o culpable de nada, ou case nada.