26.9.11

siiiiiiiiiiiiiiiiiiii
iiiiuuuuuhhhhhhuuuuuuuuuuuuuuu
xa temos internet en casa. Non o podo crer!
Mira que non levo soñado este momento. Lembro cando chamei ao concello, fará uns dez anos, preguntando cando tiñan pensado dar cobertura de internet nesa zona, contestáronme que tiña que falar con telefónica. Eu flipaba, non entendía como non lle daban prioridade a ese tema por riba de mil gastos prescindibles. Teño mandado cartas ao periódico dicindo que meus fillos estábanse criando en desvantaxe con outros nenos do mundo, que si tiñan esa nova ferramenta.
Acabo de falar con Isaura e contoume que nunca vira a Alex, noso fillo maior, dando chimpos de alegría como está mañá, cando marcharon os da instalación. Unha empresa privada que meteu unha antena en non sei que monte e poñendo nós outra na casa temos 5 megas, impresionante!
e por 29 pavos ao mes, paréceme baratísimo.
Mooooooooooola!
alégrome tanto por eles.... necesitábano, non é que fose imprescindible, pero necesitábano xa.
que guai!.