
Foto: Jorge Zapata. EFE.
Agora o Pastor tamén.
E Feijoo non ten que dar ningunha explicación?Está desminchando o pais en anacos, tan pequenos, que non está deixando nada del.
Quen vai dar explicacións das retribucións dos directivos das caixas, quen vai ilustrar o motivo polo que a "supercaixa galega" que el defendeu tivera que rescatala o Estado cunha participación superior ao 90%, ou que eses lambóns ben retribuidos, eses xefeazos do clube dos larpeiros, levaran máis dun 20% do valor da entidade en indemnizacións. Tamén é culpable Zapatero disto?
E mentres os datos económicos son pésimos, antes converxíamos pq medrábamos máis que España, si , na época do bipartito creábase máis emprego aquí , e sen tanto ladrillo, e as cifras macroeconómicas eran mellores, agora invertíuse a ecuación, sobe o paro e ralentízase a economía en comparación con España, aumenta a emigración outra vez, e os recurtes, en tódolos eidos pero sobre todo en educación e cultura, están baleirando a alma do noso país, o tipo este segue a pasearse polos medios de comunicación, sobre todo os españois ( galegos poucos quedan), coma se fose o pope dalgo que so el coñece pq o único que fai, agotado o descurso de botarlle a culpa de todo, primeiro ao bipartito e despois a ZP, é nada, absolutamente nada, máis ca actuar cando ten unha cámara diante.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada