27.10.11


Leo e non o creo. Ata que punto levan os do PP a mentira e a manipulación que son quen de botarlle a culpa da cidade da cultura ao bipartito. O mesmo que fai o procesado polo supremo, Hernandez, cando acusa constantemente ao goberno de nonseicantas cousas ao redor do AVE, que non vai chegar ata o 2018, que non vai ser de alta velocidade, hoxe mesmo, copio e pego de El Mundo.

Agustín Hernández denuncia que Lugo no estará conectado por AVE en 2012

  • Afirma que 'hace tiempo' que está 'escondido en un cajón' el trayecto a Lugo
  • 'Se podrán ver' trenes con el 'logotipo AVE' pero no serán de alta velocidad
  • Sobre el Eje Atlántico, 'tendríamos que hablar incluso del verano de 2014
Estes comemerdas non fan máis que vivir dos réditos de acusar aos demais, a maioría das veces con mentiras, como fixeron cos sindicatos agrarios e... sempre. Calquera que teña unha pouca información, sabe que o goberno de Zapatero foi o que máis investíu en Galicia, con Pepe Blanco en Fomento, máis do doble, que se di cedo, do que o fixo o goberno Aznar con Rajoy de ministro, incluíndo o "Plan Galicia" do Prestige. Nunca Galicia recibíu tantos cartos do Estado, e quen queira que o comprobe.
Que estes inutis "denuncien" e "esixan" tanto ponme atacado, se fixeran ben o seu traballo, non terían que estar sempre falando dos demais para xustificar a súa ineptitude, langráns.


Buaaaaaa, mira que o intento pero non podo, sempre teño que estar falando destes...aaaaaaggggggggg