5.10.11


Leo que Asterix e Obelix van ter continuidade despois de Uderzo. Non é que me entusiasmen as aventuras dos galos, pero sempre me serviron para poñer de exemplo o que pasou aquí, en Galicia.
Pregúntome quen sería o Asterix do castro de Brigantia (elviña), como serían as súas vidas nese momento en que chegan os romanos, dito así semella cousa dun intre pero foron decenas, centos de anos. Supoño que de entrada loitarían pero logo agocharían a cabeza, non tanto ante o poderío militar como polos avances tecnolóxicos de todo tipo. Claro!, ti vives nunha cabana de pedra, ulindo a bravío pq tes o lume aceso dentro da casa para quencela, vestido con rudos panos feitos de liño e canabo... e chegan os romanos con saunas, baños, casas magníficas e cheas de luxo, con tecnoloxía abondo para facer pontes, acuedutos, ou murallas como nunca antes vira un celta e... teste que render, como pasou noutros sitios, que si souperon conservar a súa historia.
Os galos teñen a Vercingetorix, os britanos a Boudica, a Irlanda non chegou Roma, pero nós, a quen temos nós?, pq non sabemos nada daqueles anos, dende o século dous antes de Cristo ata o século cuarto DC que chegan os Suevos ?