24.10.11


Marco Simoncelli, que putada!.
Estábao vendo en directo onte, disfrutando dun pique vello, do tempo das carreiras de 250cc., fai tres anos. Alvaro Bautista e Simoncelli outra vez "quitándose as pegatinas". Agora o Español cunha Suzuki e o italiano cunha Honda oficial, e en moto GP, que pasada!, máis emoción non a vía dende que o ano pasado Rossi andaba ben e picado con Lorenzo, que lle ía gañar o campionato do mundo. Que curvas tan emocionantes, que deleite para os amantes das motos, que gozada para calquera que saiba apreciar o caracter da competición levado ao límite, onde se xogan a súa integridade física. Non como nun partido de futbol, onde hai moita tontería e moito postureo e moito figuras. Nas motos non, meu, aí o que hai que botarlle son pelotas, xogarse a vida, nada de mamoneos. Aí non se baixan da moto e se poñen a bailar cada vez que adiantan un rival, noooon.
Teño dito moitas veces que Simoncelli era un descerebrado , que algún día ia lear unha gorda, pero nunca pensei que sería así, pagando coa vida ese insensatez innata, ese querer ir máis rápido que os demais, en contra das propias leis da física, do instinto de supervivencia.
Sinto a súa perda, e síntome mal por telo criticado, pero é que llas vin facer gordas moitas veces, e sempre contra rivais españois, contra os que se motivaba especialmente. Barberá, Bautista, Pedrosa ou Lorenzo, por citar aos máis coñecidos, poderían falarnos estensamente das "sobradas" do grandote italiano, de como buscaba ángulos invisibles, trazadas imposibles para adiantar, poñendo en risco aos rivais, a el mesmo, a maioría das veces por querer meterse por onde non ...podia?


Onte tiven que pedirlle perdón, foi vendoo morrer cando me decatei ca súa natureza era ir ao límite, non xogar sucio. Tan ao límite que foi quen de querer levantar a moto despois de que a roda dianteira lle perdera aderencia nunha curva de dereitas. En lugar de deixarse ir coa moto, soltala como fan todos, como hai que facer, quixo desafiar aos deuses da velocidade facendo o imposible, que a moto traccionara de novo sen rodar pola herba, pero esta vez a súa innata condición de competidor volveuse dun xeito tráxico contra el.
Agora leo que todos, tamén os periodistas españois, que antes calaban ou nolo vendían coma un tahur, recoñécenlle seu engado, súa amabilidade, sempre disposto a atender a todos cun sorriso, devolvendo a todo o mundo o saúdo que outros pilotos nin escoitan, ensimismados na súa "grandeza". Pero nolo contan agora, antes nos vendían un monstro cunha peluca, salvo Crivi, que sempre dixo que iso eran motos.
Pregúntome como estarán Rossi ou Edwars, os que lle pasaron por riba coa moto, que grolo tan amargo.
Sintoo, pq me alegrei nun primeiro intre, cando caeu pero non sabía as consecuencias da caida, sintoo por telo criticado tantas veces, sintoo pq non é xusto que morra alguén tan xoven e válido, sintoo porque as motos perdénse un dos mellores pilotos e sintoo porque tivo que morrer para que moitos lle recoñeceramos a súa condición de motero dos bos, dos que levan gasofa en ves de sangue
Anque o prezo foi alto, sen dúbida conseguíu o que quería, entrar no Olimpo das motos.
Acharémoste de menos, campión. :(

Leo en El País a Franco Uncini, expiloto e actualmente representante dos pilotos na comisión de seguridade en moto GP. Flipo coa aseveración que fai e axiña vou ao youtube mmmm, semella un pouco forte dicir iso,pero algo de razón ten, aquí está o enlace. O que semella claro é que os pilotos non son precisamente unha familia amorosa, pero, poden selo?

Si alguien tiene clara la violencia de estos impactos es un servidor, ya que en el Gran Premio de Holanda de 1983, en el circuito de Assen, fui embestido por Wayne Gardner después de sufrir una caída y mientras trataba de salir huyendo del asfalto hacia la tierra. El encontronazo fue tan violento que también hizo que se me saltara el casco. En el caso de Marco eso no causó su muerte, sino el golpe que se llevó en el cuello al ser arrollado. A diferencia de lo que ocurrió en Sepang, donde ni Edwards ni Rossi pudieron hacer nada para sortear el cuerpo de Simoncelli, Gardner sí podría haber hecho algo más para evitar atropellarme a mí.