
Pregúntome onde estará o noso presi estes días, seica por Ourense non lle viron o pelo. Mágoa, debeu esquecer ir facer a foto collendo unha mangueira. Pero para patetismo en grao superior nada como escoitar a Samuel Juarez, conselleiro de medio rural, dicindo na radio galega que é responsabilidade do Estado apagar o lume, que son outros os que fallan.
Estes tipos son moito, pero claro!, para se explicar como é posible que xente tan incompetente nos goberne so lle hai que botar unha ollada ao principal periódico do país, La Voz, máis bocas agradecidas, para comprobar cales son as novas que len os galegos, ou alomenos os galegos que len La Voz, copio e pego a listaxe de novas máis visitadas na súa edición dixital de agora mesmo.
- El niño muerto en A Guarda estrenó hace 10 días el «buggy» que lo mató
- Quema su casa de Bergondo para matar a su pareja y suicidarse
- El doble atropello a una niña de dos años en China revoluciona el mundo
- La Guardia Civil intercepta a un conductor a 235 km/h en la AP-53 en Lalín
- García de Paredes renuncia a la mayor parte de su prima en NCG
Éche o que hai.
Mimá como mingua a luz do día, e non vai parar ata o solsticio de inverno. Ata as oito e media non crarea e as sete e media do serán xa é noite, nin doce horas de luz :( Isto é o que en verdade non me gusta do outono e do inverno, non tanto a friaxe e a chuvia como os días tan pequenos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada