1.10.11

Que gozada!
Vir dende casa ata aquí, prácticamente sen tráfico, coa moto... coooomo mooola!.
Á saida da miña casa, ao pe do río anllóns, vou notando a diferencia de temperatura. Nunha recta de non máis de 200 metros sobe e baixa catro ou cinco veces, nótalo tanto que non o podes crer. Os recendos e tamén os cheiros, o sol da alborada, o aire, que ule a terra húmida , os mosquitos na cara...ha ha ha, ata iso é agradable.
Logo chegar as curvas de Lañas sen tráfico.... siiiiiiii!, trazalas sin arriscar, pero tumbando a moto e sentindo a velocidade en cada porción de aire que che golpea a cara, en cada movemento lateral, nas inercias que traza a moto e con ela teu corpo, abaneándose pola estrada coma unha bolboreta.
Siiiiiiiiiii meu, cando non hai tráfico e podes enlazar unha curva con outra sen máis trabas que o medo e a cordura, é unha auténtica gozada, sobre todo nun día tan fermoso como este sábado outonal que máis parece estival, e que dure :)
Que pasada!, que bonito é!, e que putada que as estradas estean cheas de coches.
:)
ha ha ha ha ha