
Se tiña algunha dúbida sobre Simoncelli, se tiña a tentación de pensar que despois da morte magnificamos ao falecido, onte, vendo seu pai quitando totalmente a culpa aos servizos médicos, aos camilleros chapuzas que o deixaron caer, dicindo que ninguén podía facer nada polo seu fillo que morreu coma un guerreiro, sabendo que quixo doar seus órganos... tiven que repasar outra vez miña base moral; porqué xulgar sen coñecer?, pq criticar, pq acusar, porqué despreciar, porqué... ?
O fillo dun home así, con tanta clase, nunca pode ser o que eu pensaba que era, nin de lonxe. E agora que o escoito na voz de seu pai,( que homenaxe tan bonito, que enorme panteón fíxolle a seu fillo , mimá, canta grandeza) estou fixo que ten razón. Pipo era un guerreiro e morreu coma un guerreiro.
Canto ben lle está a facer á imaxe, non de seu fillo, que non a necesita, dun país en plena decadencia. Aínda hai esperanza, se hai Berlusconis tamén hai Simoncellis, en Italia e no mundo enteiro.
O apelido Simoncelli grande de Europa.
Nobreza obriga.
Indo ao noso, cousas, á forza, máis mundanas Noticias do día, as tres primeiras quitadas de El País, a última de La Voz.
Dous xeitos de ver a realidade ou información contra manipulación?. Do conselleiro procesado e da paralización da investigación parlamentaria de NCG non dí nada noso insigne periódico, que raro, non?
El Supremo reabre la causa contra Hernández por certificar en falso
El tribunal admite el recurso del PSdeG por la validación de una obra inacabada
El PP frena la investigación parlamentaria sobre las cajas
Los socialistas pretendían llevar a Gayoso y Méndez al Parlamento
FRENO A UNA OBRA MUY POLÉMICAEl PSdeG respalda a la Xunta en la paralización de las obras del Gaiás
Cultura se toma tres meses más para presentar el plan de negocio del complejo
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada