28.11.11
Ainda non entrei en calor, mimá que pelete!. Sobre todo nas mans e nos pes, no peito levas roupa, a chupa de coiro, a braga no cuello, vas máis protexido. Nas pernas puxen un sotopantalón de inverno por baixo do vaqueiro... así e todo, que frio!. Se baixaba a visera do casco empañábase coa respiración e se a abría dábame o aire, xeado, na cara. Como fan os alemáns ou os noruegueses moteros? non sei pero así non gozas na moto, pasa de ser un pracer a ser unha tortura, marcha a calor do corpo e logo non o das quentado. Cero graos marcaba o termómetro fora da miña casa cando saín, mireino no coche.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada