É un figura o Rubalcaba. Con esa pinta de trasno, bonachón pero agudo, amable pero sen concesións. Mangoulle un par de golpes a Mariano que o outro non soupo responder.
Prestacións por desemprego
Financiación da Seguridade social
Matrimonio homosexual
Emprego de fondos públicos para pagar os activos tóxicos da banca.
Insidias, vale, insidias, a palabra do debate. O certo é que non respostou claramente ningunha destas cuestións, el saberá porqué.
Rubalcaba ten claro que non vai gañar as eleccións, pero tamén sabe que ten que amasar aos votantes de centro esquerda, tan desmovilizados. Ten que deixar claro que non é o mesmo a dereita que o PSOE, e teno que facer xa. Non so polas eleccións, tamén para suceder a ZP coma secretario xeral no seu partido. Para el sería todo un triunfo subir os votos do PSOE para que a debacle non sexa tal, recurtar a diferencia a moito menos deses 70 deputados de vantaxe que lle dan ao PP as enquisas máis serias, as do CIS, das que o PP, agora que lles dan gañadores a eles non protestan, antes si, estaban manipuladas polo goberno.
Pasou de puntillas por temas capitales dos que podería sacar peito pola súa xestióna fronte do ministerio do interior. Aumento da seguridade cidadá, rebaixa dos mortos nas estradas, e como non, o fin da ETA, pero que é iso ante 5 millóns de parados, non?
1 comentarios:
O único que quedou claro de Rajoi é que sabe ler........
Publicar un comentario en la entrada