14.11.11


imaxes quitadas da internet

Leo nalgún artigo de prensa atrasado sobre o festival de curtametraxes de Cans e seu "agroglamour". Matino sobre iso, hai pouca creatividade de seu?,porqué triunfa a copia cutre do que funciona con éxito noutros sitios .
Se algo nos convoca e o que sabemos de antemán que está validado alén das nosas fronteiras. Coma sentirse acubillado nas colas, un galego ve unha cola e se pon detrás, logo xa preguntará para que é. Se iso é o que fai todo o mundo iso é o que hai que facer, e se non damos facémolo con "agroglamour" , "peixestyle" ou a versión máis friqui que teñamos a man. Ao tempo que minimizamos, cando non desprezamos, o noso, o que verdadeiramente nos distingue dos demais, que non é precisamente facer un festival de cine en cortellos, por moito que o porco e a vaca sexan animais totémicos na nosa cultura, por moi chistosa que sexa a "coincidencia" de nomes.
Se fose un máis, non diria nada, se houbese dez festivais de curtas este sería a anécdota graciosa. O triste é que teña que ser o único que triunfa, que existe, ou se coñece.