Na primeira lexislatura de ZP, alá polo 2004, tiña unha valoración, segundo datos do CIS, superior a 6 pts e medio, a maior que nunca tivo un presidente de goberno. Hoxe esa mesma valoración non lle outorga máis ca un triste 3,05. Que pasou; engañounos a todos?, ou é que somos uns...veletas?
Onde van os artistas que o arrouparon na anterior campaña?, os da cella.
Nin tanto nin tan calvo. Ao meu xeito de ver o único que fixo mal foi non anticiparse á crise e tomar medidas que logo foran obrigadas, pero quen ía facer recurtes aos funcionarios, abaratar o despido, subir a edade de xubilación, etc, antes do 2008, cando empezou a segunda lexislatura e a crise mundial.
Ten culpa o goberno do desplome da construción?, está claro que unha parte importante da economía do estado estaba sustentada no "ladrillo". Houbo un momento, non fai tanto, apenas tres anos, que en España construíase máis vivenda ca nos tres monstros europeos xuntos; Alemaña. Gran Bretaña e Francia... alguén pensou que iso podía ser eterno?
Chega a crise, mundial, con consecuencias devastadoras para a banca, a construción de vivenda incluso para economías enteiras de países antes citados coma exemplo polo agora ben valorado Rajoy (outro misterio da natureza humana, sen que fixera nada máis que aproveitarse da crise e tourear con pases longos a "tropa" do seu partido); Islandia, Irlanda, e outros que navegaban con certa tranquilidade; Portugal, Grecia, Italia e que hoxe teñen verdadeiros problemas de subsistencia.
nachocastroilustrador.blogspot.com
Todos os dirixentes europeos gaban o valentía de ZP polas decisións que tomou para sacar a España desa listaxe negra de países pouco fiables e acosados pola débeda. Chapeu, igualiño ca o Papandreu que ante algo inevitable convoca referendum para que non lle salpique moito, a nivel interno, a debacle que lle espera aos gregos. Outros que tal, que agardaban, cun 25% de funcionarios?.
Xa o teño escrito neste blog, a ZP vaille pasar coma Suarez, que lle van recoñecer o mérito das inumerables cousas que fixo ben cando pase o tempo, iso si, despois de queimalo vivo.
Non lle dará nada que pensar á xente, que Sarkozy e Merkel, presidentes dos dous motores do tren europeo, o citen coma exemplo diante da UE e o mundo, nun momento que está en cuestión dende o euro ata a mesma unión.
Xa teremos tempo de achalo de menos, máis cedo que tarde. Agora veñen os da dereita dicíndonos que eles son garantes do estado de benestar, das pensións, da educación e a sanidade públicas...
Máis dun háse arrepentir de ser tan veleta e ter tan pouco criterio de seu.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada