Xa levo borrados dous comentarios sobre política e outros tantos copio e pego de El País de hoxe. Diario ao que lle agradezo coa mesma intensidade pero en inversa dirección que lle boto en cara a La Voz a súa denigrante, escura e migalleira manipulación da información.
Quen queira estar informado do que pasa en Galicia hoxe ten que ler El País, edición Galicia, onde a información non se converte en moeda de cambio en función dos intereses; alleos e de seu. La Voz, igual ca Feijoo, o PP e seu xeito de practicar a información e a política, son un cancro para unha Galicia que en só dous anos e medio de goberno destes mangantes perdeu de todo; identidade, proxección, sistema financieiro de seu, traballo, actividade económica....ata o Códice Calixtino perdeu. E La Voz dando palmas coas orellas e poñendo en primeira, todos os días, o mal que o fai ZP. e os cinco millóns de parados en España, pero polo carallo din que aquí aumenta o doble o paro. A ver que fan cando se lles acabe a desculpa, cando xa non estea o PSOE no goberno e o gran aliado do PP, tanto aquí coma en España, a crise, se volva na súa contra.
Vale, e non quería falar de política ha ha ha ha, é que non podo, é que quero falar ben de El País e mira onde vou :)
Pois nada, que creo que hoxe van estar rematadas e colgadas na Xanela algunhas carpetas novas, na de Ourense. A ver se dou feito, espero que si.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada