22.11.11


Vaia, un que fala alto e claro, a excepción que confirma a norma. Beiras forever, estea ou non dacordo con el gústame seu xeito de falar. Todo o contrario ao que adoitan facer os políticos, di o que pensa, e iso nesta sociedade habería que gardalo mellor ca... o Códice Calixtino?. Amais neste caso estou totalmente con el, hai que refundar o BNG, xa! e o meu non é oportunismo que eu xa fai máis de dous anos que veño dicindo o mesmo; refundación ou escisión. Que lle dean á UPG e a todos os talibáns do nacionalismo. Que lles dean

E o PSdG? mimá, outra que tal baila. Pachi Vazquez non quere soltar o bastón pero na Coruña xa lle están a mover a silla animando a Caamaño para que dea guerra, eu os apoio. Máis dun dá unha imaxe lamentable aferrándose ao cargo máis do que a dignidade suxire, ew non falo tanto de Pachi coma do exalcalde coruñés, Javier Losada, o senador menos votado. Que triste e vergoñento.


Falando da Xanela... non sei que pasa que non se ven as fotos. Eu colgueinas co FTP, fixen as rutas para crear as carpetas novas, en teoría está todo ben pero... non se ven :( problema habemus, alomenos ata que vexa a Nico e. coma sempre, me axude a resolvelo. Ata entón non hai fotos novas de Ourense.