Veu onte e Nico e arranxou nun plis o tema das fotos, pódense ver xa. Moito Nico :)


Esta é Bimba, nova na familia, Bo!, xa fai dous meses que está con nós. Chegou dun xeito estrano, ou non tanto vindo de min :). A meu amigo Armando, o xefe dos ártabros, morreulle súa cadela e levou un disgusto tan grande que non podía nin falar nin pensar en ela sen botarse a chorar. E así estaba cando falei con el, un día que o chamei para...non sei, o que si sei é que eu nunca o vira, vaia, oira así. Armando é un tipo de metro noventa e cen quilos de músculo e fibra, un tipo ao que non lle podes faltar ao respecto pq pódete matar dunha ostia, de poucas palabras, ocultando ,sempre que pode, unha emocionalidade a flor de pel. Un tipo nobre dos que non abondan, que do único que presume é da súa palabra; "é o único que teño" escoiteille dicir moitas veces.
Pois a cousa é que non se me ocorreu mellor idea que regalarlle unha dálmata para ver se esquecía, non a súa amiga, a súa dor. Pero non puido, agradeceume moito a intención, seino, pero tiña moi recente a perda.
Agora temos tres cans :)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada