21.11.11




Víase vir, de feito é a ocasión que menos me molestou que gañara a dereita. Necesitábase un cambio, supoño, e Rajoy non é dos que peor me cae.
Dóeme ver os desertores do PSOE, que perdeu máis dun tercio dos seus votantes, tamén por Rubalcaba que non merecía pagar os pratos rotos, non todos. Tampouico é que me doa moito, eu case sempre votei BNG.
En Galicia o PP acadou máis da metade dos votos en tódalas provincias. O mesmo que Rubalcaba non é tan malo Feijoo non é tan bo, nin de lonxe, mais isto é o que hai.
Alégrome pq se lle vai acabar o conto de botarlle a culpa de todo a Yoko Ono, agora van ter que dar a cara.
E o Bloque?, resistindo a marea a pesar deles mesmos. É curioso o do bloque, da igual como o fagan ou a quen poñan, teñen seu 10-12% que lles vota sempre. Tamén é certo que Jorquera e Olaia non son seus peores activos , ao revés. Así e todo baixaron en votos sen ter a responsablidade de gobernar e non souberon capitalizar aos descontentos do PSoe. Non perder o deputado por Pontevedra xa foi para eles un resultado "magnífico", segundo dixo seu secretario xeral, non sei que pensan os outros pero na foto non se lles ve tan "entusiasmados".


O que non levo nada ben é ver que houbo 20.000 galegos que elexiron á grulla de UPyD...serán galegos?... pensarán?
Chegou o día, xa están aquí e teñen todo o poder que querían e máis, acabáronse as desculpas, acabouse criticar sen achegar solucións, agora teñen que gobernar eles.
A ver que fan.




2 comentarios:

Isra dijo...

Q gañaba o PP eso estaba claro, agora o da UPyD, no me fodas home, me cagun tros..........esa e imbecil no sentido mais peiorativo da palabra......
http://www.youtube.com/watch?v=N7P2ExRF3GQ&feature=player_embedded

XanelaGaliza.com dijo...

Si ho, todo en ela é peiorativo