As veces dáseme por preguntar, que é eu, como para poñerme a cantar con esa xente :)
E logo falan de nacionalismos.
Roubeille as fotos, máis que nada pq se ela soubera que llas facía non serían naturais.
Subíu en Ferrol, nós ibamos de turismo, con habitación de hotel reservada e cartos no peto, e alí apareceu ela. Na estación axudoulle a subir o carro un home con aspecto de alcólico; estremadamente delgado, con ese brillo que enfeita a roupa dos perdedores, o nariz colorado e certo grao de humillación na postura da cabeza, coma se non se atrevese a mirar, coma se non quixera facelo, non sei. Outra alma á deriva. Ela conservaba certa dignidade, esa que a dureza da vida concédelle aos sobrevivintes, coma se dixera "probe si, pero a ti nunca pedínche nada", ou "non terei un peso, pero son igual ca ti". Non sei que comentario me fixo, non entendía moi ben seu acento, e recoñezo que me sorprendeu que me falara, máis con esa familiaridade. Eu, que andaba de pe no tren, tentando facer algunha foto, resposteille cun vago "si..." e un sorriso forzado.

Porqué me sentin agredido nese momento? quizais pq xa tiña decidido excluíla antes de tempo?. Porqué me molestou esa familiaridade?, se viñera doutro, "non perdedor", non a consideraría amabilidade e bo rollo?. Minutos despois, como se non lle importara que escapara dela nun primeiro intre, coma se estivera moi acostumada ao menosprezo da xente, coma se necesitara falar con alguén a pesar de todo, volvéuse dirixir a min pero esta vez esforceime por entendela, e foi entón cando comecei a apreciar a súa beleza e todas esas cousas que agora escribo e que ela soíña, comportándose, só, coma un ser humano, remexeu dentro de min. Curiosamente tamén se dirixía a Navia, agradeceume moito que lle axudara a baixar o carro.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada