
Di barbaridades Yannick Noah cando acusa ao deporte español de certo grao de connivencia coa dopaxe?. Eu non diría tal.
Quizais estender a sospeita a todos os deportes sexa un erro, unha inxustiza. Non creo que o futbol, baloncesto, tenis, motos, coches, etc, disciplinas nas que España conta con campións do mundo, teñan nada que ver coas drogas que dan vantaxes, iso si, non me atrevería dicir o mesmo do atletismo, ciclismo, etc. A imaxe que deu España ante o mundo cos casos de Marta Dominguez e Alberto Contador son para se poñer colorado, cando menos. Normal é que os tramposos digan que non o son, agora, que todos os estamentos deportivos, políticos, económicos e sociais, e o que é peor, os xudiciais, os queiran seguir abeirando coma heroes, iso xa non é tan normal, pero é o que pasa en España. O prezo a pagar por esas actitudes mornas, cando non de apoio manifesto, ante os ventaxistas, é que poidan falar dese xeito.
Agora que, xa que é tan arroutado o Noah, porqué non dixo o mesmo dos americanos cando Amstrong gañou tantos tours con trampas? quizais pq en USA pasas de heroe a vilán en cero coma, o que non pasa en España.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada