
Nordestinas sepáranse, víase vir, cinco anos despois daquel xa mítico traballo, sen quitar ningún disco máis... . Home, moi unidos xa tampouco estiveron nunca, todos eles teñen proxectos personais na música que van por distintos regos, o que non impedíu que nos deixaran un dos mellores discos, de música feita en Galicia, neste novo milenio.
Laio, pero non tanto, sei que algún día han volver, ao tempo.
Abrollaron no 2006, nun momento de máxima creatividade no país, gobernaba a esquerda por primeira vez en moito tempo e todos tiñamos ilusións e proxectos, un deles, de high level, foi Nordestinas, que agora, coma tantas outras cousas que teñen que ver cos soños dunha Galicia mellor, morre no cada día máis estenso, enorme, cimiterio no que está convertendo o PP, Feijoo, este bendito país. Non sei se era Silvio Rodriguez, ou Pablo Neruda, quen falaba dos "enterradores da primavera", non coñeceron a Feijoo, é peor que Atila, por onde pasa el non é que non medre a herba, é que non queda nada... de nada; sen traballo, sen códice calixtino, sen bancos galegos nin periódicos en galego, sen...nada en galego, e agora tamén sen Nordestinas.
É mil veces peor que o Prestige, si hó!
La Voz ante o debate sobre a marihuana. Fan unha enquisa entre lectores coa seguinte pregunta;
¿Cree que legalizar el cannabis ayudaría a regularizar su venta, consumo y cultivo?
?
Se nos atemos á literalidade da pregunta non hai máis ca unha resposta, claro!, como non vai axudar a iso a súa legalización, pero que cona están preguntando?, é unha pregunta sen pregunta, da que non se pode inferir opinión ou posicionemento sobre o tema. E tan dificil preguntar se estamos a favor ou en contra da legalización da marihuana?. La Voz style
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada