
Os vascos queren regular a venta e consumo de canabo, xa era hora!. Por fin un movemento cara adiante en moitos anos.
A finais do século pasado, como sona iso, mimá que vello vou!, fixéronse asociacións que traballaron pola normalización da marihuana, aquí foi LeGaliza, da que me honra ser membro fundador. Co novo milenio espalláronse as grow-shops, Mundo Canabo foi a primeira non só en Galicia, tamén de todos os paises celtas, dende 1.999. Hoxe hai centos de tendas canábicas onde se poden mercar sementes, lámpadas e toda sorte de produtos e trebellos para seu cultivo, todo iso legalmente, pero segue sendo delicto cultivala....? a que andamos? non vai sendo hora de dar pasos no sentido de abeirar legalmente aos millóns de consumidores desta planta?
Despois dos vascos han ir os cataláns, paseniño imos conseguindo algo polo que moitos vimos loitando dende hai moito. No meu caso dende que Milupa invitou a un peta de haxix, alá por 1978. Vendo o que facía o alcol e comparándoo co canabo, sempre tiven claro que era unha inxustiza que un fose legal e outro non.
Eu sempre loitei contra as inxustizas :)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada