E aqui?, no fogar de Breogán estamos a velas vir, coma sempre. Dende que deixamos Legaliza non apareceu .... nada, e xa fai doce anos.

O outro día veu pola tenda un cliente brasileño, bastante novo, non terá máis de 25 anos. Contoume que están a facer unha asociación e o que queren e levar adiante un cultivo colectivo, entre os asociados, dicíame que el xa donou un extractor que me comprara na tenda. Pregunteille cantos eran e díxome; "tres, de momento, suficientes para dar de alta a asociación". Os tres valentes que lle queren poñer o axoúxere ao gato son dous brasileños e un colombiano, eu creo que bastante desnortados, ou descentrados?, pero con ilusións. :) Por un lado fanme pensar, que ben, xente que se atreve, que quere facer cousas, polo outro non podo evitar ter a sensación de que van levar máis dun disgusto. Pobriños, equivocáronse de sitio, non saben na que se están a meter. Brasileños, colombiano, plantación de marihuana, Galicia, mmmmmmm, da igual a orde na que poñas esas palabras, vaia ostión van levar, pero sempre ten que ser así, aquí teñen que rodar cabezas cada vez que algo cambia, debe ser o tributo á cobardía allea, aos que logo de calar, criticar, ou peor, se van beneficiar do que fixeron os que lle botaron ovos.
Lémbrome cando falei con Manuel Rivas, abordeino nun centro comercial, andabamos no de Legaliza. Cando me presentei el contestoume;
" home, sodes vós, os últimos valentes que quedan en Galicia!"
Se non foi así a literalidade da frase, achégaselle moito. Iso sería polo 1997. Eu sentinme moi orgulloso desas palabras porque pensaba que falaba de nós, dos que estabamos a levar Legaliza, co tempo entendin o que me quería dicir. Amais dun recoñecemento persoal, que tamén conlevaba a frase, el do que falaba era de Galicia, da soidade dos que se atreven a sacar o pe do tiesto nesta sociedade, máis reaccionaria que costumbrista, máis imitadora que innovadora, máis covarde que valente, salvo catro arroutados, comunmente tidos por tolos, ou delincuentes.
Os que se atreven non só teñen que cargar co custe de se enfrontar aos poderes establecidos, non, o que lle bote pelotas que se prepare para aturar as envexas e maledicencias de todos os que nunca se atreveron. E son lexión.
Ups, mira vaia entrada para o día de fin de ano.
Pero é o que hai :), que máis dá que sexa fin de ano, ou é que, se non o escribo, mañá vai cambiar, coma o ano. Xa molaría, ha ha ha ha ha. Non tal, aquí non cambia nada. pero iso tamén teu seu puntiño ghuapo.
Non sei onde lin unha frase de Buda; A dor é inevitable, o sufrimento opcional. ha ha ha ha ha ha ha ha ha. Alegría!!!!
AA!! esquecía comentar as ganas de vomitar que me entraron cando vin á "insigne"
señora Avendaño, famosa e rica por aquelo de "nais contra a droga" ( e quen non está contra iso que elas chamaban "droga") falando da posibilidade de terceiro grao para Oubiña. Faino responsable de mortes, destrución de familias, etc, etc, sen curtarse un pelo a tipa. O monstro ten moitas caras e, para min, unha é desa señora, maniquea, advenediza, aproveitada, boitre... e aínda pòr riba crese con autoridade moral para falar da liberdade allea. son os heroes cutres que alumeamos, ao abeiro doutras luces, por aquí.
Estaba eu de subidón con Buda e lembreime desta señora, mecaghonaaa!, co ben que acabara antes o post.
:)
Feliz ano e saúde para todo o mundo
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada