Hernández pide ahora que no se presione a Pastor por el AVE
Como pode ser que un poucacousa coma este ocupe tanto espazo?, non o entendo, isto non é que sexa o trunfo da mediocridade, ao que tan acostumados estamos, o deste tipo é moito peor, non ten nome, ou eu non o coñezo. Caraduras, advenedizos, mediocres, argalleiros, chupapollas...etc, xa levo visto uns/has cantos/as pero que estean enfeitados con todas esas cualidades e que aínda pòr riba non se agochen un pouco, ao revés, nos queiran dar leccións aos demais...non coñezo, quizais o Baltar, pero ese xa sabe o que é, coñece ben seus pecados e non vai de novo profeta de nada coma este... Hernandez? de onde saíu esta... cousa.
Outro produto da era Feijoo, un alumno aventaxado das maneiras de noso presi.
Siiiiiiiii, claro, é que antes estes tipos non existían, os; Feijoo, Rueda, HErnandez, Vazquez, Mato, Guerra... e como se chamen os resto de escuros monicreques elevados á categoria de Conselleiros/as deste goberno da Xunta, o que ten por único oficio acabar coa identidade de Galicia e poñerse de xeonllos diante de España, e aínda por riba con chulería.
Algún motivo de optimismo, algo que dea para pensar que isto pode mudar? agardemos á asemblea do BNG, anque non son moi optimista, se as correntes ata agora minoritarias; Mais galiza e irmandiños, non son quen de se poñer dacordo, vai ser moi dificil botar fóra aos comunistas da UPG. Eu apoiaría calquera opción unitaria, Aymerich candidato e Martiño voceiro, ou ao revés. É o que toca, como se di agora, ou como se dixo sempre, é o que necesita Galicia neste intre.
En canto ao PSdG...mmmm, non espero nada, non vexo ninguén quen de mover algo aí. A nave segue sen rumbo coñecido anque leva a proa cara un máis que previsible desastre. Apostaría que un bloque ben unido deixaría coma terceira forza este socialismo galego actual, tan desnortado. E non é que iso me agrade, tampouco o contrario, pero é o que hai.
A ver se remata dunha vez a era Feifoo e os Vazquez, a máis penosa que lembra Galicia dende a democracia
Guillerme Vazquez,candidato do BNG á xunta, Pachi Vazquez, secretario xeral do PSdG e Jesús Vazquez monicreque de cultura e educación, perdón, conselleiro.
E eu que pensaba que non podía haber nada peor que Paco Vazquez... mimá, agora entendo aquelo de; outros virán que te farán bo. :)
14.1.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada