17.1.12


Sempre recoñecino coma meu inimigo, e iso para min ten un valor. Feijoo non é meu inimigo,siplemente o desprezo. Un inimigo é unha categoría, case tan importante como a de amigo. Fraga sempre foi meu inimigo, a cabeza do monstro sempre lla poñía a el, coma representante de todo o que non me gustaba.
Madurar, coñecer outro goberno de dereitas en Galicia, outro de esquerda-nacionalista, comprender que o que eu pensei que era súa culpa non é senón a idiosincrasia de moitos galegos, iso e outras cousas para me decatar que non era así, non tan fero, nin tan feo.
Hoxe sinto a súa perda dun xeito lonxano pero respectuoso, recoñecendo a talla do ausente. Non estarei entre os que lle rendan admiración ou agradecemento, pero si entre os que humillen a cabeza para saudar seu cadaleito.




Poucos días antes deixounos Diaz Pardo, curioso xeito ten a morte de elexir seus seguidores. dun golpe levou dous dos máis senlleiros representantes da Galicia do século XX, dous xeitos de entender a galeguidade.