2.2.12



Hai unha frase por aí que ven dicindo; "mudalo todo para que todo siga igual", é dun italiano, seica. A equivalencia nosa sería; "deixalo todo como está non vaia ser que algo mude".
Víase vir, levamos uns anos nos que, todo o que ten que ver coa política, da baixón, e o bloque non ía ser menos.
Eu non teño moito máis que dicir disto, bo, si, que mentres sexan os da estrela vermella os que manexen, que non conten co meu voto, e tamén que Galicia necesitaría un partido nacionalista ou galeguista moderado, que conecte coas maiorías, que non teña por vocación ser sempre oposición, mellor dito, oporse a todo, sentirse cómodo botándolle sempre a culpa ao estado opresor ou ao capitalismo.
Que lles dean, que chanten a estrela vermella na alfombra da súa casa, ou que a tatúen nun pe. Non aturo aos comunistas, sempre esixindo que outros fagan o que eles non son quen de facer. Pedindo que o Estado teña o papel de Deus e que nos dea curro a todos e que teñamos todos os dereitos nunha sociedade do benestar... como a rusa comunista, coma Cuba, coma quen? comunistas, que modelo de sociedade queredes?
Matamos aos curas? tiramos abaixo as igrexas? vós que sustituides a fe e a valía individual por un concurso de méritos para pisar moqueta, con que pagamos ese modelo público que tan demagóxicamente defendedes?, como facemos para ter todo gratis, quen o paga, Amancio e Botín que teñen moito?. Xa abonda con nos dar clases de "compromiso social", "defensa dos traballadores", "dereitos constitucionais", "estado de benestar" etc, etc, que eu saiba os traballadores non nacen cun curro embaixo do brazo, alguén ten que crear esa riqueza. E para lles pagar aos xubilados e aos pensionistas?, tamén aos que non poden traballar pero si que poden ir tres días de festa, que eu coñezo algún.
Xa abonda con tanta patraña, con tanto esixir e que pague outro.

Mimá, iso que non quería falar moito do Bloque e os da U. débome estar facendo liberal, ou serán os anos?, pq o certo é que non aturo aos do PP, pero iso xa foi sempre así, a novidade é que agora tampouco aturo aos comunistas. Cousas da idade.