10.2.12
La Xunta abre toda la costa a la instalación de piscifactorías
Debe ser o plan anticrise do goberno Feijoo, xunto coa paralización do plan eólico.
Xustiza? mmmmm, xa, xa sei que unha cousa son as leis e outra o concepto da xustiza, o malo é cando unha e outra rifan no entender da xente común.
Marta Dominguez inocente e Contador culpable?
Camps inocente e Garzón culpable?
E se nos facemos todos do PP?
9.2.12
Aymerich deixa de ser voceiro do BNG no parlamento , Táboas deixa seu escano... suma e segue, agárdanse máis movementos.
Os heroes do Orzán tampouco é que se botaran xogándose a vida, segundo testemuñas de compañeiros seus que estaban canda eles, non lles cobría moito por riba dos nocellos, levounos unha ola, igual que ao rapaz que foi acusado de todo tipo de ...cousas feas. Outra vez os bos e os malos, nin a morte fai que respectemos. E digo eu, se foran tres mariñeiriños quen afogaran, montarían ese despregamento para atopalos? estaba o Orzán que parecía aquelo o día das forzas armadas, total para que logo fose o mar quen devolvese os corpos, podíanse aforrar tanta película, ou non, se fixeran sempre o mesmo, con calquera que levara o mar. Non tal, hai bos e malos, hai mortos de primeira e de segunda.
Cando eu era cativo, vivindo nas Lagoas, houbo un día de trebón, destes que o mar non é azul, senón branco, e a auga muda en escuma, deses que pon medo mirar para el. A cousa foi que unha monxa caeu, ou tirouse, quen o sabe, pola zona do Areal. e alí botouse, con máis ovos ca sentido, un xoven chamado Canosa, mariscador de Monte Alto, e sacouna, e saíu el, e non foi na orilla que se tivo que botar ao mar entre ondas de seis metros e as rochas. Aquilo si foi unha heroicidade.
Con todos os meus respectos aos policías mortos, e ao rapaz, que por guiri, ou non ser policía, xa ninguén busca.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)